Vilalba presenta o poemario gañador do 51º Certame Literario, unha obra de denuncia e diálogo cultural

TerraChaXa
Desde o Concello destacouse a relevancia dunha obra escrita en Vilalba, ilustrada desde Gaza e traducida ao árabe, inglés e castelán
presentacion-nabka-en-vilalba
23 Feb 2026

O Concello de Vilalba acolleu onte a presentación do poemario Nakba, obra de Patricia Torrado, gañadora do 51º Certame Literario municipal. O libro constitúe unha denuncia poética da barbarie e unha reivindicación da dignidade do pobo palestino, empregando o galego como fío condutor e ponte entre culturas.

O acto contou coa presenza da concelleira de Cultura, Mónica González, e da alcaldesa, Marta Rouco, que acompañaron á autora e á tradutora da obra ao árabe, Omnela Sadek, nun encontro marcado pola emoción e o compromiso cultural. Na presentación participou tamén o editor Henrique Alvarellos.

Desde o Concello destacouse a relevancia dunha obra escrita en Vilalba, ilustrada desde Gaza e traducida ao árabe, inglés e castelán, que proxecta a creación literaria local a nivel internacional. A Corporación municipal felicitou á autora e a todas as persoas implicadas no proxecto, subliñando que supón unha honra para a vila que un poemario con vocación universal nacese aquí e chegue a lectores de todo o mundo.

0.074368953704834