Vilalba presenta o programa cultural para esta primavera
O Concello de Vilalba presentou a súa programación cultural para os meses de marzo, abril e maio, con actividades para todas as idades, espectáculos de diferentes xéneros e un concerto solidario a favor do pobo ucraíno.
“No concello apostamos durante a pandemia pola cultura segura, mantendo diferentes eventos a pesares das limitacións para apoiar o sector; agora, podemos afortunadamente ir recuperando a normalidade e os aforos habituais cunha variada programación”, explica Vanesa Siso, concelleira de Cultura.
O primero acto previsto será a presentación do libro ‘Conversas arredor de Xorima’, de Paulo Naseiro, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos para o próximo día 19 de marzo ás 20:00 horas no auditorio. Incluirá unha breve actuación musical deste grupo de folk. O domingo 20 realizarase a actuación de María Balteira, dirixida a un público infantil.
Nas semanas seguintes, haberá espazo para a música, con actuacións como a de Mercedes Peón, Aba Taano e unha gala lírica con Borja Quiza e Daniel Muñoz; teatro, con ‘Cigarreiras’ ou ‘Dreaming Juliet’, danza coa proposta "Demente", e cine, coas proxeccións das longametraxes finalista nos Premios Mestre Mateo 2022, en colaboración coa Academia de Cine Galego, o IESCHA e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O 8 de abril, Vilalba acollerá o ‘Show internacional de maxia. Benvidos a Magicians’, da man de Arkadio & Solange, dous magos que forman unha sensacional parella artística e ofrecerán un espectáculo para todos os públicos.
O concerto solidario a favor do pobo ucraíno será o 29 de marzo ás 18:00 horas no auditorio municipal, coa colaboración de entidades e grupos locais. O prezo das entradas será de 5 euros e a recadación donarase a Cruz Vermella.
A programación inclúe tamén, o sábado 9 de abril, a presentación do libro 'Retorno sen volta', de Xosé Lastra, gañador do XLVII premio do certame literario do Concello de Vilalba.
PROGRAMACIÓN MARZO-ABRIL-MAIO 2022
⇒ Sábado, 19 de marzo
Conversas Arredor de Xorima.
20 h
Auditorio Municipal
Presentación do libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, que describe a xénese e a traxectoria do grupo Xorima até converterse nun referente do folk galego nos anos 80 a través de conversas cos membros do grupo e con persoas relevantes da súa historia. O acto contará cunha breve actuación musical de Xorima.
*Teñen validez as entradas xa adquiridas para o concerto adiado en decembro.
⇒ Domingo, 20 de marzo
María Balteira
18h Entrada de balde
Auditorio Municipal
Teatro / danza / música
DURACIÓN 45 minutos
IDADE RECOMENDADA Público familiar (recomendado 3 a 9 anos)
María Balteira, a bailadora primeira é un espectáculo que estimula nas crianzas o gusto e a curiosidade polo baile tradicional galego o tempo que achega os nenos e nenas ao Medievo, un momento chave para a lingua galego-portuguesa e da a coñecer, a través dunha obra de fición, a tres das figuras importantes da Idade Media en Galicia e Portugal, como son: O rei Afonso X o Sabio, o trovador Pedro Amigo e a máis famosa soldadeira, María Balteira.
⇒ Venres, 25 de marzo
Cigarreiras
20:30 horas Prezo: 3,00€
Auditorio Municipal
Baseado en La Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Unha proposta dramatúrxica audaz que, con sete actrices en escena, conxuga o tono propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán.
⇒ Sábado, 26 de marzo
SÁBADOS DE CINE . Premios Mestre Mateo 2022
Longametraxe gañadora
20:00 horas Entrada de balde
Auditorio Municipal
⇒ Domingo, 27 de marzo
CONCERTO SOLIDARIO A FAVOR DO POBO UCRAÍNO
18 horas Prezo: 5,00 € (A recadación das entradas doarase a Cruz Vermella)
Auditorio Municipal
Coa colaboración de entidades e grupos locais
⇒ Venres, do 1 de abril
Fixe Trío
20:30 h Prezo: 3,00€
Auditorio Municipal
Fixe Trío son cancións do mundo, unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións orixinais e temas populares arranxados e interpretados por este trío musical que consegue ter un son propio.
Este proxecto nace da vontade de xerar un espazo onde poder expresar inquedanzas e desexos a través da música. Veñen de ámbitos culturais diversos e comparten a idea da música como canle de expresión e comunicación libre e transgresora.
⇒ Sábado, 2 de abril (Feira do Queixo )
MERCEDES PEÓN, Xira Ingrávida
20h Prezo: 8,00€
Auditorio Municipal
Despois de 20 anos da estrea do seu primeiro disco, Isué, Mercedes Peón ofrece esta xira percorrendo temas dos seus cinco discos editados en solitario, chea das influencias das recollidas de campo que fixo durante 25 anos polas aldeas, dos traballos cinematográficos ou para danza. Este concerto está acompañado polos grupos de pandereteiras Raigañas, Xirifeiras, por voces de ConcertoTempo, polo dúo Caamaño& Ameixeiras, Mónica de Nut e Ana Fernández. Dacabalo entre o acústico e a electrónica, Xira Ingrávida é unha festa de celebración desta efeméride e unha homenaxe á persistencia da creación colectiva, que é unha maneira de mirar o mundo.
⇒ Domingo, 3 de abril
OS TRES PORQUIÑOS
17:00 h
Prezo: 3,00 €
Auditorio Municipal
Obra musical con cancións en directo
⇒ Venres, 8 de abril
THE MAGICIANS
18 horas
Prezo: 3,00 €
Auditorio Municipal
Crías velo todo? Show internacional de maxia. Benvidos a Magicians: Un show internacional proveniente de Portugal que nos presentan Arkadio& Solange, dous magos que forman unha sensacional parella artística.
Magicians é un espectáculo para todos os públicos onde os nosos Magos ofrecen un show de maxia moi persoal.
Disfuta destes dous fantásticos artistas que mesturan manipulación e grandes ilusións sen esquecer a especial participación do público no escenario.
⇒ Sábado, 9 de abril
RETORNO SEN VOLTA
12 horas
Casa da Cultura
Presentación do libro RETORNO SEN VOLTA, DE XOSÉ LASTRA MURUAIS, gañador do XLVII Premio o Certame Literario Concello de Vilalba.
⇒ Domingo, 10 de abril
Aba TAANO.
La alegría de África
19 horas
Prezo: 10 €
Auditorio Municipal
Quinteto vocal a cappella. Cinco voces cálidas, catro mozos e unha moza cheos de humor, alegría e dinamismo. Cantos a cappella, escenificados, movidos, amenos. Cantan góspel africano, moito góspel zulú, pero fan tamén incursións en canto étnicos e pop. Os seus compoñentes residen normalmente en Uganda e viaxan regularmente a Europa para poder cantar en numerosos escenarios.
⇒ Xoves, 14 de abril
Gala lírica con Borja Quiza y Daniel Muñoz
Orquestra GAOS
20 horas
Prezo: 3,00 €
Auditorio Municipal
⇒ Sábado, 16 de abril
SÁBADOS DE CINE. Premios Mestre Mateo 2022
Longametraxe finalista
20h
Entrada de balde
Auditorio Municipal
⇒ Domingo, 17 de abril
Tras os Vieiros
18 h horas
Entrada de balde
Auditorio Municipal
Público adulto
Na década dos 60, logo duns días exercendo de visitador farmacéutico pola contorna de Guadalaxara, Florencio D. Gurriarán chega a casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín de visitador Ante a presenza inesperada dos espectadores describe o seu día a día de axente comercial pola rexión véndose a si mesmo como unha especie de Ulises. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgomo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.
⇒ Venres, 29 de abril
Dreaming Juliet
20:30h
Entrada de balde
Auditorio Municipal
DREAMING JULIET inspírase en Romeo e Julieta de William Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: O Amor.
⇒ Venres, 6 de maio
HIPNOANAUTAS
19 horas
Prezo: 3,00€
Auditorio Municipal
Espectáculo de hipnose coa participación do público. O único espectáculo de hipnosis onde o público elixe e fai realidade os seus soños.
⇒ Venres, 13 de maio
LO MEJOR DE LA ZARZUELA
20:30 horas
Prezo: 3,00€
Auditorio Municipal
Coa soprano Guiomar Cantó e o tenor Rodolfo Albero, acompañados dos pianista Manuel Ariza
⇒ Sábado,14 de maio
DEMENTE, Fran Sieira
20 horas
Prezo: 5,00€
Auditorio Municipal
Demente, é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración. O seu elenco está composto por oito bailadoras e bailadores, acompañados de a música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto desenvólvese dentro de un marco escénico e cun vestiario deseñado por Carlos Alonso Alonso, xunto co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. A parte máis física e a estética contemporánea preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.
⇒ Domingo,15 de maio
Longametraxe finalista
Auditorio Municipal
20h
Entrada de balde
EXPOSICIÓNS :
- Ata o 31 de marzo
Exposición Rosalianas de Viki rivadulla.
Sala de exposicións do Auditorio Municipal - Do 1 de abril ao 30 de abril
Exposición fotográfica Xeitos do grupo Bazán.
- Do 25 de abril ao 29 de maio
Exposición A memoria do son
Deputación de Lugo.
Sala de exposicións do Auditorio Municipal