Vilalba presenta o programa das festas de San Xoán

TerraChaXa
A Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán de Vilalba celebrará un ano máis as festas na honra do seu patrón.
festas san xoan vilalba portada
1 Xuño 2023

A Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán celebrará un ano máis as festas na honra do seu patrón.

Esta dará comezo o venres 23 co concerto presentación das Pandereteiras Lambe Lambe, de Vilalba. Esta actuación será previa ao tradicional acendido do lume de San Xoán coa participación da Escola Municipal de Teatro.

Pasada a medianoite terá lugar o concerto de Delaostia, que ofrecerá versións dos 70 e 80 do pop español.

O sábado 24 a programación arrincará ás 14.00 horas, coa sesión vermú a cargo do grupo Noxo me Das, tamén de Vilalba, que utilizará esta sesión para debutar ante o público. Pecharase a programación coa actuación do Teatro de Maionetas Monstrógolo.

festas san xoan vilalba
0.11970186233521