Vilalba recibe este sábado una nueva iniciativa cultural para o público infantil

TerraChaXa
O Auditorio acollerá 'Cachoanimalada', unha sesión de narración oral e música protagonizada pola narradora Vero Rilo, acompañada pola guitarra de Luis Iglesias
presentacion-cachoanimalada
2 Jan 2026

O Concello de Vilalba presentou unha nova proposta cultural para gozar en familia durante as festas do Nadal. A alcaldesa, Marta Rouco, xunto coa concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, deron a coñecer esta iniciativa pensada especialmente para o público infantil e as súas familias.

A actividade terá lugar este sábado 3 de xaneiro no Auditorio Municipal de Vilalba, que acollerá Cachoanimalada, unha sesión de narración oral e música protagonizada pola recoñecida narradora Vero Rilo, acompañada pola guitarra e a voz de Luis Iglesias. O espectáculo está concibido como unha experiencia lúdica e participativa, pensada para fomentar o gusto pola cultura desde idades temperás.

A cita está prevista para as 18.30 horas e a entrada será gratuíta, aínda que será necesario retirar previamente os billetes, xa dispoñibles a través da páxina web www.entradasvilalba.es.

Esta actividade enmárcase dentro do programa DinamizARTj, impulsado polo Instituto para a Transición Xusta e a Fundación Cidade da Enerxía, co obxectivo de achegar propostas culturais de calidade á cidadanía.

0.11531805992126