Vilalba recibe o domingo o espectáculo infantil tributo a Cantajuegos

TerraChaXa
Vilalba recibe o sábado o espectáculo infantil Canta con el grupo Cosquillas, un novo tributo musical a Cantajuegos.
cantajuegos cosquillas vilalba portada
17 Out 2022

O Concello de Vilalba anuncia o espectáculo infantil Canta con el grupo Cosquillas, un novo tributo musical a Cantajuegos, que se representará este domingo 23 de outubro ás 12:00 horas.

O Auditorio Carmen Estévez acollerá esta representación, que busca ser un tributo a Cantajuegos, un dos grupos con maior traxectoria no eido da música infantil.

Vilalba recibirá ao grupo Cosquillas, quen naceu unindo a música infantil e a pedagoxía. O grupo realiza unha proposta divertida na que involucra aos nenos e nenas do público.

As entradas poden adquirirse en https://www.festentradas.com/evento/4324 a un prezo de 10 euros máis gastos de xestión para o patio  de butacas e 8 euros para o anfiteatro.

cantajuegos cosquillas vilalba
0.088110208511353