Vilalba recibe o venres unha representación de monicreques para maiores de 16 anos

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos organiza para o venres 4 de novembro de 2022, ás 20:30 horas, no auditorio municipal de Vilalba e dentro do Circuíto de teatro profesional da provincia de Lugo-Ciclo cultural Monicreques, promovido pola Área de Cultura da Deputación, a obra de teatro Badman, Un home malo, de Gustavo Fouce, a cargo de A Compañía Solitaria do Dr.
circuito teatro profesional vilalba portda
30 Out 2022

O Instituto de Estudos Chairegos organiza para o venres 4 de novembro de 2022, ás 20:30 horas, no auditorio municipal de Vilalba e dentro do Circuíto de teatro profesional da provincia de Lugo-Ciclo cultural Monicreques, promovido pola Área de Cultura da Deputación, a obra de teatro Badman, Un home malo, de Gustavo Fouce, a cargo de A Compañía Solitaria do Dr. Monifate.

Esta dirixida a público maior de 16 anos e a entrada é gratuíta aínda que haberá que facer reserva previamente.

Na sipnose, un home acepta e confesa a súa maldade despois de anos tentando converterse nunha boa persoa. Aínda que xa hai tempo que se descartou a frenoloxía como ciencia seguimos empregando os seus patróns de xeito inconsciente. Nacemos xa con tendencias cara certos comportamentos? Somos malas persoas disimulando para poder convivir? Somos bos e alguén nos perverte? Podemos prescindir totalmente da maldade? Unha peza sobre unha alfombra con aproximacións á comedia e ao monólogo (cómico?) dende unha perspectiva filosófica. Cancións e música para suavizar o mal, ou para darlle énfase. Un diálogo co público no que, contrariamente ós pezas que “dialogan co público” permítese que o público responda e fale. Unha perspectiva que cuestiona da bondade de todo o ben que facemos.

circuito teatro profesional vilalba
0.19453501701355