Vilalba recibe un novo tractor para a realización de traballos municipais

TerraChaXa
Conta cunhas características técnicas especificamente pensadas para o mantemento de espazos verdes
maquinaria-vilalba-tractor
7 Nov 2024

No concello de Vilalba tivo lugar a recepción dun novo tractor tipo 4x4 que se incorpora á frota de maquinaria de traballo dos servizos municipais.

Nesta ocasión, trátase dun tractor New Holland da serie Boomer 50 cunhas características técnicas especificamente pensadas para o mantemento de espazos verdes e os servizos municipais.

Deste modo, un novo vehículo que se suma ao corta céspede e á biotrituradora recentemente adquiridos, así como a unha trituradora multifunción que se recibirá nos vindeiros días.

O Concello completa así un lote total de maquinaria que ascende a un orzamento de máis de 120.000 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

"Esta adquisición compleméntase tamén coa contratación de 7 xardineiros no verán que realizou o Concello para o mantemento das zonas verdes", explicou a alcaldesa, Marta Rouco.

Ademais, Rouco salientou "a importancia de incorporar maquinaria necesaria para o mantemento dos espazos públicos, que poidan manexar os nosos traballadores e desta forma reduzamos os servizos externalizados".

0.17194700241089