Vilalba recibiu á cónsul de Cuba durante a Feira Indiana de Santaballa

TerraChaXa
Annabel Lafargue recibiu o pin de plata do Concello en nome da alcaldesa
recepcion-consul-cuba-en-vilalba
17 sep 2024

Con motivo da celebración da XIV Feira Indiana de Santaballa, o Concello de Vilalba recibiu á cónsul de Cuba en Santiago de Compostela, Annabel Lafargue.

No transcurso da recepción, realizada na casa consistorial vilalbesa,  fíxoselle entrega do pin de plata do Concello en nome da alcaldesa, manifestando a ledicia por acollela nun sinxelo pero emotivo acto.

No mesmo acto felicitouse á Liga Santaballesa e nomeadamente ao seu presidente polo traballo desenvolvido ao longo do tempo a prol de visibilizar o legado indiano no concello.

Despois de dar un paseo polas rúas da vila, a xornada tivo continuación nos actos propios programados pola Liga Santaballesa.

0.094161033630371