Vilalba recoñece a seis rapaces pola súa actividade deportiva
TerraChaXa
A recepción aos premiados nos Premios deportistas destacados 2018 do Concello de Vilalba será o luns 22 de abril nunha recepción na Casa da Cultura.
16 Abr 2019
A recepción aos premiados nos Premios deportistas destacados 2018 do Concello de Vilalba será o luns 22 de abril nunha recepción na Casa da Cultura. Seis rapaces serán agasallados polo Concello como premio á súa actividade deportiva. Carlos Yobani García, que practica loita, levarase 1.000 euros. O seguinte premio de 700 euros será para Samuel García Miragaya, o de 500 euros para Martín Pena Lamas; José Luis Puentes Seoane contará con 400; Javier Rouco Rego con 300 euros e Rubén Fraga Cal será agasallado con 100 euros.
O acto de entrega celebrarase o luns 22 de abril ás 17:30h na Casa dá Cultura, con asistencia do alcalde Agustín Baamonde, e do concelleiro de Deportes Xulio Vázquez.