Vilalba rende homenaxe ás Cantareiras este 17 de maio con música na praza da Constitución

TerraChaXa
O colofón da xornada chegará ás 21:00 horas co concerto do grupo Tanto Nos Ten
presentacion-programa-letras-galegas-vilalba
14 May 2025

Vilalba celebrará este sábado, 17 de maio, unha xornada especial en homenaxe ás cantareiras, no marco da programación do Día das Letras Galegas organizada polo Concello. A concelleira de Promoción da Lingua, María Xosé Fernández, xunto coa edil de Cultura, Mónica González, e o tenente de alcalde Modesto Renda, presentaron os actos previstos para esta data tan sinalada.

A homenaxe terá lugar na praza da Constitución e comezará a partir das 18:30 h coa actuación de diferentes grupos de música tradicional do municipio. Entre eles estarán Mato Vizoso, Ardelle o Eixo, A.C. Lusco e Fusco, Mestura de Nete, Regueifeiras da Chá, Cantareiras do Carabullo, A.C. de Árbol, Buxos Verdes, A.C. Andrade e Lambe Lambe.

O colofón da xornada chegará ás 21:00 horas co concerto do grupo Tanto Nos Ten, que porá o broche musical a unha tarde de celebración da cultura, da música e da lingua galega.

A iniciativa busca poñer en valor o legado das mulleres que transmitiron a tradición oral e musical, contribuíndo á preservación da identidade galega.

⚙ Configurar cookies
0.16911101341248