Vilalba renova a vía que une Gaián co límite con Guitiriz en Soexo
TerraChaXa
O Concello de Vilalba renova por completo a vía que une Gaián co límite con Guitiriz na parroquia de Soexo.
18 Mar 2024
O Concello de Vilalba renova por completo a vía que une Gaián co límite con Guitiriz na parroquia de Soexo. O tenente de alcalde Modesto Renda explicou diante dos veciños e veciñas aos que dá servizo que os traballos de rexeneración realizados ó longo da última semana alcanzaron os 51.142,17 euros e informou, tamén, da mellora de todos os tramos en mal estado na continuación desta vía ata a Ponte da Saa.
Esta nova obra é xa a de maior custe e ámbito de actuación do que vai de lexislatura no rural do Concello de Vilalba con preto de 6 km totais.