Renovan o alumeado da Praza da Constitución de Vilalba coa instalación de novos LED

TerraChaXa
A Concellería de Infraestruturas Urbanas completa así a segunda fase da renovación do alumeando neste lugar con 22 novas columnas de iluminación e 17 farois de parede con tecnoloxía LED
renovacion-alumeado-praza-da-constitucion-vilalba
14 Aug 2025

A Concellería de Infraestruturas Urbanas de Vilalba vén de completar a segunda fase da renovación integral do alumeado público na Praza da Constitución. A actuación supuxo a instalación de 22 novas columnas de iluminación e 17 farois de parede, todos eles con tecnoloxía LED de última xeración.

Oos traballos forman parte do proceso que o goberno local está a desenvolver para modernizar a iluminación das infraestruturas públicas, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e adaptar a estética á contorna.
Dende o Concello explican que o motivo deste cambio radica no deterioro das luminarias e na inexistencia de recambios no mercado para o seu mantemento. Ademais, din, as novas luminarias ofrecen unha imaxe renovada, máis moderna e harmonizada co espazo.

O proxecto, di a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, “é un exemplo de como podemos combinar melloras estéticas e funcionais cun compromiso real coa eficiencia enerxética e a sustentabilidade”. Ademais, descata que “o aforro estimado do 40% no consumo eléctrico supón facer un uso máis responsable dos recursos municipais, optimizando custos e garantindo que cada investimento reverta directamente no benestar da veciñanza”.

Desde a Concellería de Infraestruturas Urbanas destacan que esta intervención, ademais de mellorar a seguridade e a visibilidade na zona, “consolida a aposta do goberno local por un modelo de xestión máis sostible e moderno”, e lembran que xa comezara a principios de ano coa substitución de 12 farois tamén na Praza da Constitución.

⚙ Configurar cookies
0.16872882843018