Vilalba renova o firme da vía de acceso ao barrio de Fontiñas

TerraChaXa
A actuación, cun investimento de 30.824 euros, responde a unha demanda veciñal e supón a mellora integral
acceso-barrio-fontinas
2 Dec 2025

O Concello de Vilalba vén de executar a renovación integral do firme na vía de acceso ao barrio das Fontiñas, no tramo que comunica directamente coa rúa Conde Pallares e que presentaba un avanzado deterioro.

A obra, cun investimento total de 30.824 euros, está financiada con cargo ao convenio impulsado pola Alcaldía coa Deputación de Lugo, a través do cal o ente provincial destina máis de 260.000 euros a melloras de infraestruturas en Vilalba.

As actuacións —que comezaron a finais da semana pasada— consistiron no fresado e repavimentación completa da vía, e está previsto que queden totalmente finalizadas nos próximos días, completándose posteriormente co pintado e a sinalización horizontal correspondente.

A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que se trata dunha “intervención moi demandada polos veciños e veciñas da zona, á que demos resposta no menor tempo posible”. “Sacamos a licitación a obra o pasado mes de outubro e hoxe xa está practicamente finalizada, o que demostra o compromiso deste goberno local coa mellora continua das infraestruturas e da calidade de vida en todos os barrios da vila”.

Rouco fixo fincapé en que “seguiremos traballando para avanzar na mellora das infraestruturas municipais e atender as necesidades que nos trasladan os veciños e veciñas, que son sempre a nosa prioridade”.

⚙ Configurar cookies
0.089739799499512