O Concello de Vilalba convoca aos veciños de Lanzós a unha reunión para informar das actuacións previstas

TerraChaXa
O vicealcalde Modesto Renda recollerá as demandas e suxerencias da veciñanza este venres na Escola Habaneira, nun encontro para abordar os proxectos do Goberno local na zona
Escola habaneira dos Vilares
7 Aug 2025

O vicealcalde de Vilalba e responsable da área de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, convocou aos veciños e veciñas da parroquia de Lanzós a unha reunión informativa que terá lugar este venres 8 de agosto ás 20:30 horas na Escola Habaneira.

O obxectivo do encontro é explicarlles de primeira man as próximas actuacións que o Concello ten previsto desenvolver na parroquia e, ao mesmo tempo, recoller as súas demandas, propostas e inquedanzas.

Esta xuntanza enmárcase na liña de diálogo directo co rural impulsada polo Goberno local, coa intención de achegar a xestión municipal ás parroquias e favorecer a participación cidadá nos proxectos que afectan ao seu entorno máis próximo.

⚙ Configurar cookies
0.16839504241943