Vilalba repartiu os premios aos mellores deportivas do ano

TerraChaXa
O auditorio vilalbés acolleu a celebración da quinta edición da Gala do Deporte, na que se deu un recoñecemento institucional aos deportistas.
PREMIO DEPORTISTAS DO ANO GALA DEPORTE VILALBA
30 Xan 2023

O auditorio vilalbés acolleu a celebración da quinta edición da Gala do Deporte, unha cita moi agardada na que se deu un recoñecemento institucional aos méritos dos e das deportistas vilalbeses, técnicos, entidades deportivas, así como todas as figuras representativas no labor fundamental da promoción do deporte no noso concello.

"Todos e cada un dos éxitos son unha proba de que a vontade de traballo, a capacidade de sacrificio e o esforzo por acadar as metas sempre trae grandes resultados, grazas por levar o nome de Vilalba con orgullo en todas as competicións deportivas", dixo a alcaldesa, Elba Veleiro, durante o acto de recoñecemento.

O premio á mellor deportista  foi para Judih Dobao Fraga en ximnasia rítmica e o premio ao mellor equipo para o masculino absoluto do Vilalba FS. Ademais, o premio ao mellor deportista promesa correspondeu a Olivia Luque Blanco, na especialidade de danza mentres que o mellor club ou entidade deportiva correspondeu a Movemento Escola de Danza.

Tamén houbo un recoñecemento para o mellor adestrador que foi para Joaquín Martínez Fernández Quini, do Vilalba FS mentres que a distinción para o mellor labor no deporte base foir para o RC Villalbés.

María Roca levouse o premio ao mellor labor informativo e o loitador José Cuba Vázquez á traxectoria deportiva. Finalmente, foi calificado como o mellor evento deportivo o torneo San Ramón de Tenis.

Ademais houbo mencións especiais para Edelmiro Millor Paz, Miro e Ramón Infante Vázquez, de fútbol, e José María Peón Peña, en fútbol sala.

0.15256404876709