Vilalba resolve as axudas a entidades públicas
O Concello de Vilalba resolveu xa subvencións municipais para entidaes públicas ou privadas de fomento da actividade ou interese municipal que se destinaron a 44 grupos diferentes.
As axudas están dirixidas a entidades sen ánimo de lucro que convocaran actividades durante o ano en curso. Con elas preténdese dar apoio ás entidades e contribuír a que acaden os obxectivos que lle son propios para fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación. O orzamento total para esta acción é de 34.000 euros.
Así, un total de dez entidades culturais, recibirán axuda, así como 3 anpas, 18 deportivas, 6 de mulleres e 14 veciñais. Tamén recibirán subvención ASFADIVI, así como a Asociación de Apicultura Serra da Carba e a Asociación de Empresarios Sete Pontes.
O custe máximo das subvencións é de 600.000 euros, que recibiron 29 asociacións, o mínimo foi de 340.000 euros.
As asociacións terán ata o 14 de decembro para xustificar as axudas.