Vilalba rexenera a vía que une O Sumeiro co barrio da Carballeira en Goiriz

TerraChaXa
As actuacións completaranse ao longo desta semana para logo desprazar a maquinaria á contorna da igrexa
obras-estradas-goiriz
Visita da alcaldesa ás obras de Goiriz
21 May 2024

O Concello de Vilalba vén de informar dos traballos que actualmente está levando a cabo o parque móbil da Deputación de Lugo para rexenerar o firme da estrada que une O Sumeiro co barrio da Carballeira na parroquia de Goiriz.

En concreto, trátase dunha vía de 900 metros de lonxitude cuxo estado de deterioro era notablemente salientable, polo que para proceder á súa rexeneración foi necesaria a aplicación de catro capas de rego e catro tipos de áridos de diferentes grosores.

"Deste xeito, cunha actuación máis completa e detallada, aseguramos un maior afianzamento do firme e unha maior duración no tempo dos traballos levados a cabo", sinalou a alcaldesa, Marta Rouco.

Pola súa banda, a rexedora vilalbesa, Marta Rouco, tamén confirmou que "a previsión é que os traballos se rematen ao longo desta semana, de tal forma que os 900 metros de firme queden totalmente rexenerados e en condicións óptimas e seguras para toda a veciñanza".

Ademais, Rouco adiantou que o equipo de rexeneración de firmes do parque móbil da Deputación de Lugo, do cal dispón o Concello de Vilalba grazas a un acordo logrado dende a Alcaldía, "trasladarase nas vindeiras datas ás inmediacións da igrexa parroquial de Goiriz para proceder ao rebacheo da principal pista de acceso á mesma, que se atopa nunhas condicións moi deficitarias e precisa ser arranxada canto antes debido ao volume de tráfico que soporta a mesma".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18095993995667