Vilalba será a sede da fase final do Campionato Galego de F8 este sábado

TerraChaXa
Ningún dos equipos da provincia de Lugo logrou clasificarse para esta fase final en ningunha das tres categorías
presentacion-campionato-galego-futbol-8-en-vilalba
22 May 2025

Vilalba coroará aos campións galegos de Fútbol 8. Concretamente, o estadio da Madalena acollerá este próximo sábado 24 de maio a fase final do Campionato Galego de Fútbol 8 unha vez celebradas, a pasada fin de semana, as Fases Intermedias en Carballo (Zona Norte) e Xinzo de Limia (Zona Sur).

Un total de 12 aspirantes, catro en cada unha das tres categorías (prebenxamín, benxamín e alevín) optan ao trono autonómico. Así, o calendario e os horarios tanto das semifinais como das finais e da loita polo terceiro e cuarto postos se iniciaran coas semifinais ás 11.00, 12.00 e 13.00, comenzando por prebenxamín, benxamín e alevín. Pola tarde sucederanse á vez a final e o partido polo terceiro posto, na mesma orde, pero ás 15.30. 16.30 e 17.3 horas.

Ningún dos equipos da provincia de Lugo logrou clasificarse para esta fase final.

Este mércores levouse a cabo a presentación oficial do evento en Vilalba coa presenza da alcaldesa da localidade e a concelleira de Deportes, Marta Rouco e Paula Vigo, o vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Carlos Méndez, o delegado Manuel Castro Vilachá e o presidente do Rácing Club Vilalbés, Juan José Vázquez.

campionato-futbol-8-cartel
⚙ Configurar cookies
0.16677403450012