Vilalba solidaria sobre rodas
Os afeccionados a este medio de locomoción volverán encher as rúas o día 29 de agosto.
Veciños e veciñas de todas as idades participarán un ano máis no Día da Bicicleta, un arraigado evento con saída e chegada na praza da Constitución.
A veciñanza salienta o carácter senlleiro e interxeracional desta festa que “fomenta o deporte na rúa e a vida saudable, ademais de propiciar que a xente nova, os pequenos e os maiores compartan valores, actitudes, respecto e espírito de equipo”.
Esta cita está organizada polo Club Ciclista Terra Chá así como o Espazo Xove do Centro da Xuventude de Vilalba quen di que “é un acontecemento lúdico, deportivo e interxeracional, de carácter non competitivo ó que están convidados a participar todo o mundo que teña unha bici nun percorrido polas rúas da vila o día 29 de agosto”, di Ana do Espazo Xove.
Este encontro de bicis ou vehículos de rodas será o martes 29 de agosto a partir das 19.30 horas e como nas edicións anteriores estará aberto a todos os aparello de rodas que requiran do empuxe humano, como patíns, monopatíns, coches de nenos, etc.
A saída situarase na praza da Constitución dende onde se concentran os e as participantes ata o momento da saída, por rúa da Pravia á altura de Campo de Puente, seguirá por rúa de Muras, rúa de Cospeito, avenida Terra Chá, Xosé María Chao Ledo, rúa de Galicia, e praza Suso Gayoso para regresar de novo á praza da Constitución.
Adoita ser un percorrido chan para facilitar a participación a todas as persoas e todas as resistencias físicas ademais de estar aberto como sempre a todas as idades e variables que non impliquen motor.
“Son 2 quilómetros que non presentan ningunha dificultade para que os máis pequenos o fagan alegremente e sen ningún problema”, engade Ana.
Para participar será necesario anotarse ata dúas horas antes do seu inicio no Centro da Xuventude ou a través do teléfono 982 828 340 de 18.00 horas a 21.00 horas dende o día 21 ata o 29 de agosto inclusive, porque para poder optar aos agasallos que se sortean hai que estar inscrito, algo que non ten ningún tipo de custe.
Dependendo da data da semana en que coincida hai unha maior afluencia de xente, ”pois non é o mesmo un día de semana que se é fin de semana pero chegamos a superar os 1.400 participantes inscritos, posiblemente máis... pois pódese participar aínda que non se inscriban, isto da dereito a participar no sorteo de agasallos ó remate do percorrido”, di Ana.
Así mesmo, tratase dun evento solidario, xa que os participantes doan alimentos que son entregados ao banco de alimentos para a súa xestión.
“É unha carreira solidaria e voluntaria, polo tanto o que queira achegarse o día 29 un pouco antes da saída, teremos unha furgoneta na que se poderán deixar alimentos non perecedoiros e que se lle doará a algunha entidade para que o recadado se reparta entre os máis necesitados. O lema é unha bici un quilo pero pode ser máis loxicamente”, di Ana.
AGASALLOS
Os agasallos que se sortearán este ano son unha bicicleta, unha televisión, un bono regalo para gastar en prendas deportivas, un par de patíns, dúas mochilas, un casco de ciclista, dous queixos de San Simón da Costa e dous roscóns típicos de Vilalba.
Coma en outras edición haberá trofeos especiais para o participante de maior idade e ao de menor idade portado.
Este concurso sempre causa atracción e cada ano aparece un concursante máis novo, chegando nunha ocasión a participar un pequeno con quince días que fixo o percorrido no seu carriño.
A organización entrégalle a todos e cada un dos participantes un dorsal cun número e un boleto no momento de facer a inscrición, que entregará á hora da saída e, que lles dá dereito a poder entrar no sorteo dos agasallos.
Nesta actividade colaboran o Espazo Xove de Vilalba, Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Lugo, colaboran o Concello de Vilalba, Policía Municipal, Protección Civil, Garda Civil, Club Ciclista Vilalba-As Pontes, Club Ciclista Terra Chá, Club Triatlon Vilalba.
INSCRICIÓN. No Espazo Xove, sito na rúa Novo Cazón s/n Vilalba. Máis información no Teléfono 982 82 83 40, de 18.00 horas a 21.00 horas dende o día 21 ata o 29 de agosto inclusive.
DÍA. Luns 29 de agosto.
HORA. Ás 19.30 horas
LUGAR. Praza da Constitución.
PERCORRIDO. Praza da Constitución, pola rúa da Pravia, Campo de Puente, rúa de Muras, rúa de Cospeito, avenida Terra Chá, Xosé María Chao Ledo, rúa de Galicia, paza Suso Gayoso e Praza da Constitución
AGASALLOS A SORTEAR
-
- 1 Bicicleta
- 1 Tv de 32 polgadas
- 1 Bono regalo en prendas deportivas
- 1 Par de patíns
- 2 Mochilas
- 1 Casco de ciclista
- 2 Queixos de San Simón da Costa
- 2 Roscóns típicos de Vilalba