Vilalba tamén prohibe as fogueiras de San Xoán en terreo público

TerraChaXa
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, fixo público un bando no que informa de que este ano estará prohibida a celebración das tradicionais fogueiras de San Xoán en solo público municipal na noite do 23 ao 24 de xuño.
Captura de pantalla 2020 06 16 a las 12.42.08
19 Jun 2020

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, fixo público un bando no que informa de que este ano estará prohibida a celebración das tradicionais fogueiras de San Xoán en solo público municipal na noite do 23 ao 24 de xuño.

No mesmo documento anuncian que están permitidas as que se realicen en terreos particulares, debendo respectarse as condicións que se recollen no plan para a transición cara unha nova normalidade, así como as condicións xerais de todos os anos e as que se veñen a aplicar por mor do coronavirus.

Non se queimarán aceites, líquidos inflamables, envases con gases, nin outros recipientes ou obxectos que podan producir unha explosión. Tampouco se permite a queima de goma, plástico, derivados de hidrocarburos ou tendidos eléctricos.

Tampouco está permita a realización de fogueiras preto de vivendas, masas arbóreas ou tendidos eléctricos, así como si hai condicións de vento forte.

Como en anos anteriores, haberá que solicitar un permiso para a realización de fogueiras. O prazo para esta solicitude remata o 22 de xuño.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15575504302979