Vilalba ultima o programa festivo de Nadal cunha festa de Fin de Ano

TerraChaXa
Dará comezo ás 11.45 na praza da Constitución e rematará, baixo carpa, no mesmo lugar cunha verbena de benvida do ano
presentacion-programa-de-nadal-vilalba
30 Dec 2025

O Concello de Vilalba, a través da Alcaldía e da Concellería de Infancia e Xuventude, desenvolve un amplo programa de Nadal este ano, unha proposta diversa, accesible e pensada para toda a veciñanza, tanto do centro urbano como do rural. As actividades, que comezaron o 1 de decembro ao 5 de xaneiro, combinando tradición, ocio, animación infantil, deporte e espazos de convivencia.

O tramo final das festas dará comezo este 31 de decembro coa festa de Fin de Ano, que se celebrará a partir das 11.45 horas na praza da Constitución con música e actividades a cargo de Puzzle Animación. Ás 12.00 horas será a quenda do cotillón e as badaladas para dar paso á benvida do 2026 que se celebrará baixo carpa cunha verbena a cargo da orquestra Triunfo e o DJ Eventec.

Haberá servizo de barra, garda roupa e carpa con calefacción.

Ademais, nos días que restan desenvolveranse outras actividades como  a representación de Cachoanimalada o 3 de xaneiro, ás 18:30 horas  dentro do programa Dinamizart-j. Xa o día antes, o Nadal chegará ás parroquias no CEIP Monseivane (Lanzós); e o 4 de xaneiro celebrarase un novo domingo de baile no Centro Cultural co Dúo Eclipse.

Cabalgata de Reis

O Nadal pechará o 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis, que sairá ás 18:15 do campo da feira e visitará varias parroquias, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Nos vindeiros días anunciaranse tamén novidades e información adicional sobre o percorrido e acompañamento da comitiva real.

Dentro da programación de adultos, deseñada por Vilalba Aberta, o 2 de xaneiro a Coral Luar ofrecerá un concerto no Hospital Asilo ás 17:00 horas, mentres que o 10 de xaneiro terá lugar a entrega dos premios do Concurso de Escaparates na Casa da Cultura ás 14:00 horas.

programacion-de-nadal-vilalba
⚙ Configurar cookies
0.077045917510986