Vilapedre celebra as súas festas a partir do venres

TerraChaXa
A festa comezará pola noite cunha sesión de pinchos variados de balde a partir das 22:00 horas
festas-vilapedre
18 May 2025

As Festas de Vilapedre, no concello de Vilalba, celebraranse os días 23, 24 e 25 de maio de 2025 na honra a San Mamede e á Virxe dos Milagres. O evento contará cun completo programa de actividades relixiosas e musicais pensado para todos os públicos.

O venres 23, a festa comezará pola noite cunha sesión de pinchos variados de balde a partir das 22:00 horas. A verbena estará amenizada polo dúo Élite, que porá ritmo á primeira xornada festiva.

O sábado 24 terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e dunha sesión matinal a cargo do grupo Fénix. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena que contará coas actuacións de Fénix e Da Silva.

O domingo 25 tamén se celebrará unha misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e unha sesión matinal coa música do trío Banarama, grupo que será o encargado de poñer o broche final a estas festas.

Todas as actividades terán lugar nun campo cuberto con carpa, para garantir o desfrute das celebracións con independencia das condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
0.062230110168457