Vilapedre celebrará o sábado a Festa do Entroido

TerraChaXa
A localidade vilalbesa de Vilapedre celebra este sábado, 4 de marzo, a súa festa de Entroido, na casa escola a partir das 21.00 horas.
festa entroido vilapedre portada
festa entroido vilapedre portada
27 Feb 2023

A localidade vilalbesa de Vilapedre celebra este sábado, 4 de marzo, a súa festa de Entroido, na casa escola a partir das 21.00 horas.

Esta consistirá nunha cea a base de empanada, sopa de cocido, cocido completo, filloas e café servido por Taberna do Trasno que terá un prezo de 30 euros para público en xeral e de 20 para socios.

Durante a noite haberá concurso de disfraces con premios e unha actuación musical para rematar cunha chocolatada despois da cea.

As persoas interesadas en asistir deberán anotarse antes do 1 de marzo nos teléfonos 679 212 161 ou 699 635 026.

festa entroido vilapedre
0.077440977096558