Vilapedre combinará este venres tute e castañas

TerraChaXa
Este encontro pretende ser unha ocasión para compartir, celebrar e manter viva unha das tradicións máis arraigadas da cultura galega
magosto-e-tute-vilapedre
5 Nov 2024

Este venres 8 de novembro, a Asociación de Veciños de Vilapedre invita a todos os veciños e veciñas a participar nunha nova xornada festiva coa celebración dun magosto e unha partida de tute. O evento terá lugar na Casa Escola de Vilapedre a partir das 21:00 horas.

Os asistentes poderán gozar dunha degustación de castañas asadas, símbolo tradicional do magosto, a un prezo de 1 euro. A participación na partida de tute será libre, sen necesidade de inscrición previa e sen carácter competitivo, polo que está aberta a todos os que desexen pasar un bo rato entre amigos e veciños.

Este encontro pretende ser unha ocasión para compartir, celebrar e manter viva unha das tradicións máis arraigadas da cultura galega. A organización anima a todos a achegarse e desfrutar dunha noite de castañas, cartas e boa compañía.

0.18653011322021