Vilapedre contará este venres cun concurso de tapas de Entroido

TerraChaXa
O evento está pensado tanto para participantes como para persoas que desexen simplemente asistir e degustar as distintas propostas
tapas-de-casa-vilapedre
3 Feb 2026

A Asociación de Veciños de Vilapedre organiza este venres, 6 de febreiro, ás 21:00 horas, na Casa da Escola, o esperado Concurso de Tapas de Entroido. Esta iniciativa gastronómica está aberta a toda a veciñanza e ten como único requisito para participar o feito de cociñar algunha tapa. A inscrición é gratuíta e pode realizarse ata o día 5, comunicando á organización que prato se vai presentar.

O evento está pensado tanto para participantes como para persoas que desexen simplemente asistir e degustar as distintas propostas culinarias, xa que, mesmo quen non participe no concurso poderá probar as tapas. Durante a celebración, cada persoa asistente poderá votar pola(s) súa(s) tapa(s) favorita(s). A organización garante premios para todas as persoas que participen e, por suposto, tamén para as gañadoras.

 

⚙ Configurar cookies
0.067944049835205