Vilapedre e Soexo, en Vilalba, están de festa esta fin de semana
As localidades vilalbesas de Vilapedre e Soexo celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe dos Milagres.
As celebracións darán comezo en Soexo, este venres, 20, a partir das 21.30 horas, cunha reunión na que haberá liscos, panceta e chourizos gratuítos. A continuación actuará o dúo Epo-K
Ao día seguinte, haberá misa solemne e procesión a partir das 12.30 horas, á que seguirá a sesión vermú a cargo do grupo JB Son.
Este mesmo conxunto abrirá a verbena, ás 22.00 horas, na que estarán estarán Los Satélites.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.
En Vilapedre as festas darán comezo o sábado pola mañá coa misa, ás 13.00 horas, con procesión e sesión musical a cargo de Ritmo. Pola noite, en sesión verbena, a música estará ao cargo do mesmo grupo da mañá e tamén do trío Elite.
Este mesmo grupo será o encargado de poñer o punto e final ás celebracións festivas o domingo, en sesión vermú. Tamén haberá misa, ás 13.00 horas.
Tamén en Vilapedre haberá carpa no capo da festa.