Vilapedre organiza a II edición da Festa do Bo Xantar
Tralo éxito da primeira edición, a Asociación de Veciños de Vilapedre organiza o sábado 12 de outubro, a segunda edición da Festa do Bo Xantar que se fundamentará nun xantar.
Este consistirá en callos, polbo á feira, bebida, sobremesa, café e licor a un prezo de 35 euros con nenos gratis ata os 6 anos e de 6 a 12 a 15 euros.
Pero ademais da comida haberá outras actividades. Así, ás 12.30 está programada unha misa na capela do Santo Estevo, seguida dunha sesión vermú co dúo Epo-K e, pola tarde, haberá música, sorteos, agasallos e, para os máis pequenos, unha merenda e un inchable gratuíto.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.
Para a venta dos tíckets, todo aquel que queira asistir, debe acudir antes do 7 de outubro ao restaurante O Paso e á Parrillada O Adro. Tamén poden chamar aos teléfonos de Fanny Prieto (682 270 203) e Leticia López (695 660 644).