Vilapedre organiza a III edición da Festa do Bo Xantar

Tralo éxito das dúas pasadas edicións, a Asociación de Veciños de Vilapedre organiza o sábado 27 de setembro, a terceira Festa do Bo Xantar que se fundamentará nun xantar.
Este consistirá en callos, polbo á feira, bebida, sobremesa, pan, café e licor a un prezo de 35 euros con nenos gratis ata os 6 anos e de 6 a 12 a 15 euros (con macarróns á boloñesa, pan e bebida de menú).
Pero ademais da comida haberá outras actividades. Haberá sesión vermú con Aixa Romay e, pola tarde, haberá xogos tradicionais, sorteos, agasallos e, para os máis pequenos, unha merenda e un inchable gratuíto. Tamén haberá música con Aixa Romay e Almudena Meijomil.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.
Para a venta dos tíckets, todo aquel que queira asistir, debe acudir a José (636 004 224) o Manolo (699 635 026).