Vilapene celebra o seu magosto o domingo 2 de novembro con música, petiscos e queimada

A Asociación Veciñal de Vilapene organiza o tradicional magosto, que terá lugar o domingo 2 de novembro a partir das 17:30 horas, no campo da festa, un espazo que contará con toldo cuberto para garantir o confort das persoas asistentes.
Durante a celebración, o público poderá gozar dunha ampla variedade de petiscos, entre os que se inclúen empanada, chourizos, liscos, tortilla e bolos preñados, ademais de bebidas variadas, castañas asadas e queimada.
O prezo por persoa é de 15 euros, mentres que os menores de 10 anos poderán participar por 5 euros.
A organización lembra que o prazo para inscribirse remata o 25 de outubro, e anima a veciños e visitantes a participar nesta cita festiva, que combina gastronomía, tradición e convivencia veciñal.