Vilapene comeza mañá as súas festas
A parroquia de Vilapene, en Cospeito, comeza mañá 15 de agostos as súas festas patronais.
O inicio das festas vén marcado pola misa con procesión que se celebrará ás 13.30 e que estará acompañada de gaitas galegas.
A continuación haberá unha comida veciñal con empanadas, pulpo á feira, churrasco, chourizo, postre, café e chupito acompañado dunha sesión vermú e de tarde co dúo Venus.
As festas continuarán o sábado 19 cunha misa ás 13.30 e procesión co Quintento 555.
A sesión vermú será a cargo de Master que tamén estarán na verbena da noite acompañados pola orquestra Gran Parada.
O domingo a misa volverase celebras ás 13.30 e a procesión estará acompañada pola Charanga 555.
A festa rematará coa sesión vermú prolongada a cargo do grupo Eureka.