Vilapene remata esta fin de semana as súas festas patronais

TerraChaXa
A comisión agradece a colaboración dos veciños e das empresas que fixeron posible esta programación festiva
festas-de-vilapene
22 Aug 2025

Logo do xantar popular celebrado o pasado venres, a parroquia de Vilapene, no concello de Cospeito, continuará a celebrar as súas festas na honra a Nosa Señora os días 23 e 24 de agosto.

O sábado a xornada comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Dinastía. Pola noite, a verbena continuará coa mesma formación musical e a actuación de José Manuel, Abanico,

O domingo, tamén ás 13:30 horas, celebrarase a misa solemne, procesión e sesión vermú co grupo Albá.

A comisión de festas agradece a colaboración dos veciños e das empresas que fixeron posible esta programación festiva, na que se mesturan tradición relixiosa, gastronomía e música para o goce de toda a veciñanza e visitantes.

⚙ Configurar cookies
0.16067385673523