Vilar de Santiago, en Riotorto, está de festa

TerraChaXa | AMariñaXa
Rematarán cun xantar popular o sábado, amenizado por Verónica Cambón
fogos-artificiais-festas-patronais
Carteis
24 Xul 2024

Tres días de festa para a localidade de Vilar e Santiago, en Riotorto, na honra do Apóstolo e de Santa Ana.

Comezarán as celebracións o xoves 25 ás 13.00 horas coa misa e a procesión, ao que seguirá a tradicional sesión vermú, que estará a cargo do grupo Montreal, que tamén se encargará da verbena.

Para o venres só está previsto a misa e a procesión, que será ás 13.15 horas.

O sábado 27, despois dos oficios relixiosos, que serán ás 13.30 horas, comezará unha sesión vermú e tamén de tarde con Verónica Cambón, que amenizará o xantar popular, no que haberá empanada, churrasco, chourizo criollo, chourizo vermello, pan, auga, viño e gaseosa, tarta de Santiago e café, por un prezo de 20 euros.

0.085862159729004