Vilarente prepárase para celebrar as festas na honra a San Xoán

TerraChaXa
As celebracións arrancan o venres 20 de xuño cunha gran churrascada popular que dará comezo ás 22:00 horas
programa festas vilarente
16 Jun 2025

A parroquia de Vilarente, no concello de Abadín, celebrará as súas tradicionais festas na honra a San Xoán os días 20, 21 e 22 de xuño, cun completo programa de actividades que combina gastronomía, música e actos relixiosos.

As celebracións arrancan o venres 20 de xuño cunha gran churrascada popular que dará comezo ás 22:00 horas, animada polo dúo Belinda, encargado de poñer a música da primeira noite festiva.

O sábado 21 celebrarase a misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú coa orquestra Escaparate, que tamén participará na verbena nocturna xunto coa orquestra Finisterre (Tropical Tour), prometendo unha noite de festa para todos os públicos.

O programa péchase o domingo 22, cunha nova misa solemne tamén ás 13:30 horas, nesta ocasión acompañada pola actuación da Coral Polifónica de Abadín. A continuación, a sesión vermú estará amenizada polo grupo JB Son.

As festas contan co apoio do Concello de Abadín, a Deputación de Lugo e a Vicepresidencia de Cultura, ademais da colaboración de numerosos negocios locais, que se implican activamente na celebración dun dos eventos máis agardados do ano na zona.

⚙ Configurar cookies
0.17285799980164