Vilela celebra as súas festas patronais esta fin de semana
TerraChaXa | LugoXa
A parroquia de Vilela en Outeiro de Rei celebra as súas festas na honra a San Isidro Labrador o días 6, 7 e 17 de maio.
3 May 2023
A parroquia de Vilela en Outeiro de Rei celebra as súas festas na honra a San Isidro Labrador o días 6, 7 e 17 de maio.
As celebracións darán comezo o sábado día 6 coa actuación dun grupo de gaiteiros para continuar coa misa solemne ás 13.30.
A sesión vermú do sábado estará a cargo da orquestra Costa Dorada que estará tamén pola noite na verbena acompañada polo trío La Noche.
O domingo a misa dará comezo tamén ás 13.30 para continuar coa sesión vermú a cargo do trío D’Nika.
O mércores 17 de maio haberá sesión vermú e unha churrascada veciñal ás 14.30 que contará coa actuación dun grupo de gaiteiros.
A partir das 17.30 comezará a festa amenizada polo dúo Venus.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.