Vilela celebra esta fin de semana as festas patronais
TerraChaXa | LugoXa
A parroquia de Vilela, en Outeiro de Rei, celebrará as súas festas patronais a fin de semana do 20 ao 22 de maio.
16 Maio 2022
A parroquia de Vilela, en Outeiro de Rei, celebrará as súas festas patronais a fin de semana do 20 ao 22 de maio.
A programación dará comezo o venres cunha churrascada popular que estará amenizada pola música da orquestra New York.
O sábado os actos comezarán ás 13.30 horas coa misa maior, seguida da sesión vermú a cargo da orquestra Royal Espectáculo, que tamén estará pola noite na verbena e que fai a súa presentación en Galicia nesta localidade. Tamén esta mesma noite estará a orquestra París de Noia.
O domingo seguirase o mesmo programa con misa ás 13.30 horas e sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate, co que se rematará a festa.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.