Villar e Figueroa dominan a maratón no VIII Trail das Bestas de Muras

Muras acolleu este domingo, 9 de novembro de 2025, unha edición histórica do VIII Trail das Bestas, unha das probas máis consolidadas do trail galego. A cita, organizada por Marmar Outdoor co apoio esencial do Concello de Muras (e coa colaboración da Deputación de Lugo e Lurbel), volveu encher os montes do Xistral de deporte e ambiente.
A actividade deu comezo pasadas as 08.00 horas coa saída da Maratón, para continuar coas distancias de 27 e 12 quilómetros, ademais da andaina. O tempo acompañou e permitiu ritmos elevados e unha progresión fluída en todas as modalidades.
No ámbito competitivo, Jose Santiago Villar impúxose na Maratón, seguido moi de preto por Xenxo Laso Vázquez e Carlos Pernas Parapar. No apartado feminino, o triunfo foi para María del Rosario Figueroa Figueroa, por diante de Sonia Méndez Pérez e María López Serantes .
No Trail Classic, a vitoria masculina foi para Jaime García González, seguido de Martín Barreiro Durán, e Marcos Castro Moura para completar o podio. En categoría feminina, Lucía Peón Santomé acabou encabezou a clasificación, seguida por Beatriz Barroso Pérez e Carla Trillo.
No Trail Curto, Adrián Sesar Míguez venceu. O segundo posto foi para Alberto Fuentes Fernández e o terceiro para Daniel Feijoo Ferreiro. En mulleres, Lucía Taboada Codesido fíxose co primeiro posto, acompañada no caixón por Sandra Permuy Rodríguez e Iria Rodríguez Rodríguez.
A organización salientou a alta participación, con máis de 400 persoas entre as diferentes probas, e a valoración positiva dos percorridos, pola súa trazabilidade, desnivel e carácter montañeiro. O Concello de Muras subliñou que o Trail das Bestas reforza o posicionamento do municipio como destino de turismo deportivo e de natureza, con impacto directo nos aloxamentos, servizos e hostalaría locais.