Vinte persoas participaron na penúltima saída do programa BTTeando por Guitiriz

TerraChaXa
Realizouse un percorrido de 20 quilómetros polas pistas próximas ao concello, atravesando lugares como Santa Mariña ou Pardiñas
ruta-gravel-btteando-por-guitiriz
18 Nov 2025

O pasado domingo, 16 de novembro, celebrouse a penúltima saída da sétima edición do programa BTTeando por Guitiriz, organizado polo Concello de Guitiriz coa colaboración do Club Btteiros Cova de Serpe.

A actividade, en formato ruta de gravel, contou coa participación de preto de vinte persoas que, malia ás chuvias presentes durante toda a tarde, completaron un percorrido de aproximadamente 20 quilómetros polas pistas próximas ao concello, marcadas polas cores propias do outono.

O itinerario permitiu atravesar e descubrir diferentes paraxes e lugares de interese, entre eles Santa Mariña e Pardiñas. Na metade da ruta realizouse unha parada de avituallamento que axudou ás persoas participantes a recargar forzas antes de continuar coa marcha.

O próximo 14 de decembro terá lugar a derradeira saída desta sétima edición, coa tradicional Ruta de Nadal, coa que se porá o broche final ao programa deste ano.

⚙ Configurar cookies
0.07353401184082