Visita á pioneira casa niño de Riotorto

TerraChaXa
23 Xan 2020

O deputado popular no Parlamento galego, Daniel Vega, visitou a casa niño de Riotorto acompañado do alcalde do municipio, Clemente Iglesias, tras dous anos de éxito no seu funcionamento, xa que esta casa niño entrou en funcionamento como parte dun proxecto piloto que tiña como horizonte o 2019; pero, ante o seu éxito, a Xunta garantiu a súa continuidade financiando a totalidade do seu funcionamento”.

As casas niño son recursos gratuítos, non supoñen ningún coste directo para as familias, porque a Xunta financia ao 100% o seu funcionamento. Recentemente, tal e como recordou o popular, “o DOG publicaba o pasado 17 de xaneiro a orde de axudas que impulsa o goberno galego para garantir a continuidade e o mantemento das casas niño”.

O popular puxo en valor, nesta ocasión, “este tipo de servizos que contribúen a fixar poboación” porque “permiten ofrecer un coidado profesional aos nenos e nenas de 0 a 3 anos do noso rural ao mesmo tempo que facilitan a conciliación da vida laboral, familiar e social dos pais e nais”; xa que “contan cun horario flexible de luns a venres”.

Vega subliñou, neste sentido, que “este tipo de servizos ten moito valor para o rural” e “contribúen a frear o despoboamento do interior da nosa provincia” ao poñer a disposición dos veciños e veciñas servizos próximos”. Estes mecanismos, ademais de fixar poboación, tamén dinamizan a economía local ao favorecer o autoemprego da persoa responsable da atención e coidados dos menores.

O goberno galego ten previsto implantalas nesta lexislatura en todos os concellos de menos de 5.000 habitantes que non dispoñan doutros servizos de conciliación. Deste xeito, Vega salientou que “coa posta en funcionamento neste 2020 de tres novas, a provincia contará con 19 casas niño a pleno rendemento nos concellos do rural lucense”.

0.18574619293213