Viveiro acolle a proba Nada e Corre

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Viveiro acolle a proba Nada e Corre este sábado 22 de febreiro, na que participarán diferentes clubs de Lugo e A Coruña.
psoe lugo visita guitiriz casa da botica
21 Feb 2020

Viveiro acolle a proba Nada e Corre este sábado 22 de febreiro, na que participarán diferentes clubs de Lugo e A Coruña.

Esta competición dará comezo ás 14.30 horas na piscina municipal da cidade do Landro, e os rapaces poderanse clasificar para a final galega.

A proba contará con cinco categorías, prebenxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete. E os traxectos variarán entre os 25 metros dos prebenxamíns e os 300 dos cadetes, e despois correrán a pé entre 500 e 1.500 metros.

Ao finalizar as dúas probas, a organización sumará os tempos, e os catro primeiros de cada categoría pasarán directamente á final galega. O quinto e o sexto clasificado pasarán a unha repesca.

0.087948799133301