Viveiro acollerá este xoves, 8 de agosto, unha carreira con deceas de atletas
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
7 Aug 2019
Viveiro acollerá o 8 de agosto, a partir das 21:30 horas, con saída dende a Praza Maior, a quinta carreira nocturna Todos con Adry que terá varias categorías, por exemplo, a de pitufos, para os nados en 2012 ou despois, a sub10 e así ata chegar a absoluta. A distancia é de 5.000 metros.
A inscrición empezou a formalizarse o 17 de xullo e remata o prazo o 6 de agosto por un prezo de cinco euros pero tamén pode o interesado acudir e anotarse o día antes, por un custe de dez euros. Aínda que, iso si, é de balde para categorías inferiores. No caso de apuntarse no mesmo día da competición, cobrarase 3 euros para os nenos e dez para os adultos.