Viveiro acollerá o domingo a súa primeira carreira de cabalos no campo de fútbol de Celeiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 sep 2019

Por primeira vez os espectadores interesados poderán presenciar carreiras de cabalos no Landro grazas ao torneo Cidade de Viveiro que se vai disputar o día 15 de este mes, domingo, no campo de fútbol de Celeiro.

Na iniciativa participan a asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Galega de Hípica, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro. Haberá ademáis feira de gando desde as 10 horas. Repartiranse 100 euros para quen traia o maior número de reses equinas e outros cen para o número maior de cabezas de vacún.

Disputaráse a final do Campionato Galego de Andadura Individual e por equipos. Haberá premios para as modalidades de andadura libre serrada, andadura libre chapeada e a galope. Para estes certames a organización dispón de 1.200 euros que vai distribuir entre os galardoados de xeito que os primeiros clasificados obterán 120 euros. Para as carreiras de pura raza árabe e pura sangre inglés vanse distribuir os seguintes 2.000 euros en premios, de xeito que os vencedores levarán 400 euros cada un na súa modalidade.

A organización ofrece máis información nos teléfonos 600 968 204 e 678 069 886. Non poderán correr cabalos federados nas probas de andadura libre e todos os equinos deberán de ter documentación e seguro ao día, entre outras condicións que impón a organización. Ata as 12 horas do mesmo día poderanse inscribir os participantes.

0.080357074737549