Viveiro canalizará o servizo de impresión de material educativo a través dos centros
O Concello de Viveiro canalizará o servizo de impresión de materiais educativos unicamente a través dos centros, co obxectivo de obter unha maior coordinación e axilidade na iniciativa.
Desde o concello xa se empezaron a remitir hoxe as primeiras solicitudes recibidas aos centros educativos de referencia. O servizo vai dirixido ao alumnado de educación obrigatoria e bacherelato que teña dificultades no acceso á impresión de documentación, segundo os criterios técnicos de Servizos Sociais.
As familias interesadas en facer uso deste servicio deben remitir un correo electrónico ao enderezo apuntesviveiro@
“Con esta medida, pretendemos garantir que todo o alumnado do ensino obrigatorio poida continuar cos seus estudos durante o confinamento, evitando deste xeito os prexuízos causados a aquelas familias que carecen dos medios necesarios para imprimir e traballar cos contidos facilitados a través das distintas plataformas educativas”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.