Viveiro continúa co seu plan de limpeza e desinfección
Operarios do servizo municipal de limpeza realizaron novas tarefas de limpeza e desinfección nos centros educativos de Viveiro, co obxectivo de manter as instalacións nas mellores condicións posibles pola pandemia do coronavirus.
O Concello de Viveiro está en contacto permanente coas direccións dos centros para estes traballos, que son a maiores das tarefas ordinarias de limpeza. O grupo de goberno quere dar resposta a todas as demandas da comunidade educativa.
As labores de desinfección desenvolvense na escola infantil, nos centros de Infantil e Primaria e nos institutos de Secundaria.
Desde marzo, o concello ten en marcha un plan extraordinario de limpeza e desinfección, primeiro nos espazos públicos e despois no centro de saúde, farmacias, supermercados, establecementos esenciais e, desde o comezo do curso, nos centros educativos.