Viveiro convoca as subvencións para a rehabilitación de vivendas no casco histórico

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro publicou o pasado venres no BOP de Lugo as bases e a convocatoria de subvencións “para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación Integral (ARI) do casco histórico de Viveiro”, en cumprimento e ó amparo do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.
21 Xan 2020

O Concello de Viveiro publicou o pasado venres no BOP de Lugo as bases e a convocatoria de subvencións “para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación Integral (ARI) do casco histórico de Viveiro”, en cumprimento e ó amparo do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

En concreto, segundo reflicte o texto do BOP, “as persoas interesadas en executar traballos de conservación e intervención en vivendas unifamilioares ou en edificios de vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns có fin de adecualas á normativa vixente e que estén ubicadas dentro do casco antiguo, poderán solicitar as subvencións durante un mes a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria”.

“Temos un compromiso coa rehabilitación e co casco histórico no Concello de Viveiro, é un patrimonio que temos que coidar e dinamizar entre todos e este tipo de axudas permiten aos propietarios poñer en marcha traballos de mellora nas súas vivendas ou edificios, un paso imprescindible para atraer e fixar poboación”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Nas súas solicitudes, os interesados deben adxuntar as certificacións de cada persoa propietaria de estar ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia e a Administración Local.

Ademaís, deben engadir un proxecto ou memoria técnica na cal expresen as obras que se van executar e, aos efectos de poder puntuar a Fixación de poboación na Áera de Rehabilitación, o solicitante deberá presentar xustificante de que a edificación na que se pretende actuar “é a súa vivenda habitual, está destinada ó alugueiro ou ben, no suposto de vivenda baleira neste momento, declaración responsable de que a que fin vai ser destinada”.

Para mais información sobre as bases das axudas, poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, na segunda planta do Concello de Viveiro, no teléfono 982 562 968 ou no correo electrónico rehabilitacioncasco@viveiro.es

0.18697094917297