Viveiro demanda a Costas a cesión dunha parcela para uso veciñal
O Concello de Viveiro demanda á Demarcación de Costas do Estado en Galicia a cesión dunha parcela en Celeiro, co obxetivo de aproveitala para uso veciñal.
En concreto, a parcela requerida polo Concello de Viveiro está na zona dos Espiñeiros e Lavandeiras, en Celeiro, e ten unha extensión aproximada de 2.400 metros cuadrados.
A actual solicitude deriva dun acordo tomado no pleno municipal do 7 de novembro de 2018 e o concello utilizará os terreos “para fins de utilidade pública e interese social”.
Durante este ano e medio, desde o concello realizáronse todos os trámites necesarios para a reversión e desafectación da parcela coa Demarcación de Costas, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Facenda, unhas xestións que están agora na súa recta final.
“Consideramos que a parcela non era necesaria para Costas e, pola súa situación e características, o concello daralle o mellor uso para que os veciños de Celeiro poidan disfrutala”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.