Viveiro desinfecta os espazos públicos de todo o municipio
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
19 Mar 2020
O Concello de Viveiro desinfecta estes días todos os espazos públicos do municipio para combater o contaxio de coronavirus.
As tarefas de desinfección comezaron tanto no centro como nas parroquias e prolongaranse ata que finalice o estado de alarma decretado polo Goberno central para facer fronte á incidencia do COVID19.
Este servizo de desinfección presta especial atención ás inmediacións dos supermercados, farmacias, centro de saúde ou paradas de transporte público.
O Concello de Viveiro agradece o traballo do persoal de limpeza e a colaboración dos veciños e veciñas.