Viveiro está a rematar as obras na pista de Riaño
O Concello de Viveiro informa da próxima finalización das obras de reforma e renovación da pista de Riaño.
Os traballos, realizados pola Deputación a indicación do Concello, comezaron no mes de xullo e agoran están na súa recta final.
O Concello acomete diferentes actuacións de mellora que se prolongarán ata finais de mes en viais do municipio e rotondas, ademais doutros traballos dirixidos a mellorar o tráfico de vehículos e peóns.
“Son traballos que en moitas ocasións dan resposta a demandas veciñais e serven para mellorar a comunicación e o tráfico, tanto de vehículos como de peóns”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. “Somos conscientes das necesidades noutras parroquias, que dentro das nosas posibilidades iremos subsanando”, engade.