Viveiro está en Turexpo Galicia, que se celebra en Silleda do 6 ao 9 xuño

TerraChaXa | AMariñaXa
A presenza de Viveiro nesta feira servirá para dinamizar o seu atractivo turístico, dando a coñecer estas celebracións e os demais recursos do municipio.
6 Xuño 2019

A presenza de Viveiro nesta feira servirá para dinamizar o seu atractivo turístico, dando a coñecer estas celebracións e os demais recursos do municipio. Viveiro contará cun stand individual no que ofrecerán folletos promocionais e información sobre o Concello e no que se instalará unha gran pantalla na que se proxectará, de forma continuada, os videos de promoción turística deste municipio e mais da Semana Santa.
Organizarase, así mesmo, unha exposición sobre a Semana Santa de Viveiro, na que se mostrarán diverso material das confrarías, e unha degustación gratuíta da pescada de Celeiro, que terá lugar o sábado 8 de xuño, ás 13:00 horas, na que se ofrecerá aos visitantes unhas 300 racións de empanada de merluza.
Para a organización e desenvolvemento destas dúas iniciativas o Concello conta coa inestimable colaboración da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, da Asociación Cultural e Deportiva Penalba e de Puerto de Celeiro SA.
Por outro lado, cómpre facer referencia á existencia dunha bolsa de traballo, que permitirá que os hoteis rexistrados na mesma concerten reunións cos distintos tour operadores presentes na feira, redudando positivamente no aproveitamento da mesma. Dende o Concello de Viveiro facilitouselles aos establecementos hostaleiros un listado cos tour operadores que van estar presentes e un formulario para solicitar as reunións con aqueles que máis lles interesen; ademais, o concello dispón dun workshop que pon a disposición dos establecementos hostaleiros para que poidan celebrar as súas reunións. Estas iniciativas son posibles grazas ás xestións realizadas pola Concelleira de Turismo.
Cómpre sinalar, finalmente, que ao longo destes catro días, o stand de Viveiro contará coa atención constante do persoal da oficina de turismo. A Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, e o Tenente de Alcalde e Concelleiro de Mar, Jesús Fernández Fernández, desprazaranse a Festur o xoves e mais o sábado.

0.18595600128174