Viveiro expón o censo electoral
A alcaldesa socialista de Viveiro, María Loureiro, informou sobra a exposición do censo electoral de cara aos vindeiros comicios estatais.
Deste xeito publicou un bando no que expón que en virtude do establecido no artigo 39.2 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, dende o día 30-09-2019 ao 07-10-2019 ambos os dous inclusive, poderase consultar o censo electoral, de 09.00 a 14.00 horas, no Concello.
O censo será utilizado nas eleccións ás Cortes Xerais 2019, que terán lugar o vindeiro día 10 de novembro.
A alcaldesa lembra a importancia de comprobar a correcta inscrición censal, aos efectos de poder exercer o dereito ao voto nas devanditas eleccións, e fai constar que a consulta farase por medios informáticos, previa identificación do interesado, de conformidade co artigo citado.