Viveiro formaliza a adscripción ao programa de compostaxe doméstico de Sogama

TerraChaXa | AMariñaXa
O concello de Viveiro solicitou a adscripción ó programa de compostaxe doméstico de Sogama.
16 Maio 2019

O concello de Viveiro solicitou a adscripción ó programa de compostaxe doméstico de Sogama. No marco do mesmo, a empresa pública entregará ó concello un total de 23 compostadores, con capacidade para 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, que se distribuirán entre outras tantas familias. Condición indispensable é que éstas habiten en vivendas que conten con terreo (horta, xardín ou terra de cultivo) no que aplicar o compost resultante, cerrando así o ciclo de aproveitamento da materia orgánica xerada no fogar, que se incorpora de novo ó solo en forma de nutrientes.

A fin de que os participantes poidan dispoñer de información detallada sobre o proceso a levar a cabo, Sogama tamén entregou ó concello unha partida de manuais de autocompostaxe para que sexan repartidos entre os usuarios. Nos mesmos, instrúese sobre a técnica a levar a cabo: dende a propia ubicación do compostador ata a relación de materiais que poden ou non ser depositados no mesmo, control de parámetros de gran importancia tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade, e utilidades do abono obtido, que soe ter unha alta calidade, resultando apto para ser aplicado na agricultura con garantías e sen restricións.

O concello adéntrase así nunha iniciativa con importantes beneficios, tanto ambientais como económicos e sociais.

Dado que a materia orgánica representa da orde do 42% dunha bolsa de lixo doméstica tipo, se se consigue reciclar no propio fogar, evitase o seu depósito no contedor verde convencional, circunstancia que propicia unha menor frecuencia de recollida e transporte do lixo, e, polo tanto, menores emisións de CO2 á atmosfera.

Así mesmo, recuperase unha práctica que forma parte da tradición do rural galego, diminuíndo ó mesmo tempo a entrega de residuos a Sogama e, por tanto, o importe da factura a pagar a esta compañía.

Ademais, ó xestionar os restos orgánicos en orixe, aminorase o número de desprazamentos que os participantes deben realizar ós contedores ubicados nas vías públicas, xa que materiais como o papel/cartón, os envases plásticos e o vidro poden ser almacenados varios días nos fogares sen risco de olores.

Os cidadáns que estean interesados en participar neste programa, poden solicitalo a través do rexistro do concello, atendéndose as peticións por orde de solicitude. Para mais información poden poñerse en contacto co departamento de medio ambiente do concello no telefono 982562968 ou no correo electrónico medioambiente@viveiro.es.

0.18295502662659